Home

1_Proxecto: Imaxina a túa cidade

Unha colaboración do Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas e TANKolectif

“As cidades onde hoxe vivimos foron, fai moitos anos, algo moi diferente ó que nós coñecemos. Os lugares onde agora paseamos ou imos á escola eran primeiramente zonas rurais de agras e cultivos ou barrios de pescadores, que pouco a pouco foron medrando. Así, ó carón dunha casa foi aparecendo outra e logo outra; ó redor delas xurdiu un mercado, unha escola e paseniño apareceron novos edificios e rúas que os unen; e estradas e autoestradas que nos comunican con outras cidades, vilas e aldeas. Mais as cidades que agora coñecemos poden ter sido moi diferentes…”

Os obradoiros de Imaxina a túa cidade, dirixidos á rapazas e rapaces, queren facerlles visualizar e comprender ó proceso da evolución dunha cidade, a través do tempo. Dun xeito creativo e partindo dunha representación en forma de maqueta que ten que ver cos seus lugares de referencia (ata o momento tense realizado nos barrios do Calvario e de Lavadores, na Biblioteca Neira Vilas); proporémoslles que lle dean voltas ó maxín e constrúan a cidade como lle gustaría que tivera crecido. Ademais contaremos con lecturas e imaxes de cidades fantasiosas e imaxinarias.

O obradoiro conta tamén cunha dimensión educativa de orientación espacial, manualiade e creación onde partindo do plano da cidade no que eles pensan, terán que construir os diferentes elementos que imaxinaron primeiro. Para traballar no obradoiro empréganse materiais como cartóns, diferentes papeis, cortiza, cordas, fíos, lapis de cores, pinturas, teas…

  • Descarga mais información sobre o obradoiro neste enlace.
  • Descarga fotografías do obradoiro aquí.

2_Espazos con materiais naturais para o xogo.

Dende o ano 2006 colaborando na realización de disitintos obradoiros e espazos co Ecoistituto delle tecnologie Apropriate de Cesena, Italia. Son espazos de lecer e descuberta onde nenas e nenos relaciónanse cos materiais mais básicos e necesarios do noso entorno: madeira, area, barro, terra, pedra, plantas,…Podes var mais información en:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s