Home

1_Asesoramento á Autoconstrución: Teito verde e Cimentación con Pneumáticos.

O Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas colaborou no deseño e construción dun Teito Verde e unha Cimentación reutilizando vellos pneumáticos sobre dous dos módulos do Alg-a Lab de Valadares (Vigo). Tes mais información nesta ligazón.

2_Construción con Terra.

– En Tecnoloxías Apropiadas investigamos dende o 2006 na construción en terra, centrándonos na investigación das técnicas vernáculas presentes en Galicia: Tapia, Terróns, Pallabarro e Cob. Tes mais información nesta ligazón.

– Estamos abertos a colaboración, no deseño e execución, con iniciativas e persoas que precisen ou que pensen na construción con terra como alternativa á tradicional.

– Realizamos revocos de barro e cal para interiores de vivendas e para a mellora da inercia térmica en vivendas de pedra ou ladrillo.

revoco de barro

3_Construción con Balas de Palla.

Colaboramos co Ecoistituto de Cesena na construción dun Espazo para o desenrolo de actividades didácticas e formativas realizado con balas de palla e revoco de terra  e cal.

– Estamos abertos a colaboración, no deseño e execución, con iniciativas e persoas que precisen ou que pensen na construción con balas de palla como alternativa á tradicional.

Sunplus

4_Construción con madeira con Casabío.

Colaboramos con casabío na realización de estructuras e tellados de madeira

P1110643P1110649P1110659

5_Construción con Madeira en Finlandia.

Colaboramos durante 1 ano co estudo de Arquitectura de Mikko Uotila en Urjala, Finlandia realizando vivendas e distintas construcións en madeira.

Estamos abertos a colaboración, no deseño e execución, con iniciativas e persoas que precisen ou que pensen na construción con madeira como alternativa á tradicional.

6_Métodos tradicionais do cal.

Realizamos o ciclo tradicional do cal no Laboratorio del Restauro di Giovanni Gazzotti en Toano (Italia).

7_Asesoramento a construción e á autoconstrución

En Tecnoloxías Apropiadas asesoramos na construción e autoconstrución de vivendas e outras estruturas. temos realizado asesoramentos para a rehabilitación de casas de pedra e madeira na Cañiza (Pontevedra) e Vigo.

One thought on “CONSTRUCIÓN ECOLÓXICA [Casa-de-Terra +Tapia +Adobe +Madeira +Balas-de-Palla +Autoconstrución +Asesoramento]

  1. Ola compañeir@s!
    Chámome Uxía e vivo no morraso.
    Levamos tempo estudiando a posibilidade de autoconstruirnos unha casa con balas de palla..
    O proxecto xa o temos en camiño pero buscamos asesoramento e a posibilidade de participar nalgunha construcción dese tipo..
    Polo q vexo no voso blog.. dimos co “laño”.. 🙂
    Calquer comentario o respecto será de agradecer..
    moitas grazas!
    unha aperta

    pdt/ é Vila o da foto..??

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s