Home

1_AS ÁRBORES ESQUECIDAS (PROXECTO)

O título do proxecto parte dun traballo do artista e guionista de cine Tonino Guerra desenvolvida na aldea de Pennabilli, un pequeno xardín artístico onde Guerra recolleu unha serie de árbores frutais que dera por perdidos e que lle recordaban sabores olvidados da súa infancia. Con este punto comezou un proxecto, primeiro en Italia e logo en Galicia, sobre a recuperación dese patrimonio do procomún: as árbores de froita antiga, variedades locais de árbores froiteiras adaptadas ó microclima e os solos da propia comarca, moi resistentes ás enfermidades e ós parasitos da súa área cunha enorme variedade de frutos, sabores e olores.

Son o resultado dunha lenta escolla xenética practicada durante centos de anos por unha anónima colectividade de persoas que durante séculos contribuiron á mellora das distintas especies; e que foron escolmando detidamente os exemplares mais fortes, mellor aclimatados e cos mellores froitos para a súa reproducción, conseguindo así as plantas mellor adaptadas ó territorio. Un patrimonio que o podemos enraizar coa actual noción de procomún: un ben que pertence a todos e que debe ser protexido activamente e xestionado pola colectividade. Un ben creado e herdado conxuntamente que tamén debemos legar.
As arbores froiteiras son un patrimonio vivo. Esto engade unha dificultade á súa conservación, xa que os exemplares deden custodiarse e coidarse continuamente para asegura-la súa reproducción.

A reproducción destas árbores realízase por medio de enxertos, escollendo a pugas mais axeitadas a tal fin. Non se reproducen por medio das sementes xa que por medio das semes obténse unha planta brava, pero que non posuirá as calidades da planta nai. Ditas calidades, resultado da longa escolma e mellora euxénica das árbores, solo se trasmiten por medio do enxerto. Solamente nalgúns casos concretos como nalgunhas frutas de oso pódese obter unha árbore con calidades similares á árbore nai.

>>I alberi dimenticati:

No concello di Sogliano al Rubicone (Forli-Cesena, Emila-Romagna, Italia) sitúado nos apeninos de Romaña desenvolveuse un traballo de busca e recopilación de variedades locais e cultura agrícola. O proxecto ía ligado ó deseño dun parque botánico de variedes locais na vila. O deseño do proxecto comezou en marzo do 2008 e o traballo de campo tivo lugar entre maio do 2008 e agosto do 2009. Foron entrevistadas varias decenas de persoas e recollida a situación de numerosas árbores perdidas moitas delas entre prados abandonados da montaña. A labor permitiu xeoposicionalas e fotografialas. Paralelamente o traballo foi enriquecéndose cunha serie de entrevistas que falaban de aspectos etnográficos e antropolóxicos sobre a cultura agrícola popular do período fascista e a posguerra italiana: costumes, calendario, variedades de sementes, etc.

Outra das labores foi unha pesquisa bibliográfica en fotos e textos antigos así como en tratados agrícolas da época. O proxecto do parque botánico finalmente non puido realizarse por dificultades financieras, mais o traballo de recollida atópase en fase de redacción.

>>As Árbores Esquecidas na comarca de Valga no Baixo Ulla, Galicia.

“Nas sebes e campeiros agóchanse hoxe árbores esquecidas. Froiteiras caídas no esquecemento. Árbores productoras de froitas moi antigas específicas da comarca que foron seleccionadas ano tras ano polos campesiños da bisbarra. Hoxe están a desaparecer, desacordadas de todos, perdidas nas fragas ou conservadas solo por algúns apaixoados custodios nas súas propias hortas. Constitúen un patrimonio xenético colectivo único, resultado de séculos de selección: un patrimonio a preservar, coñecer e difundir que noutros tempos axudaban a complementar a economía e a dieta do campesiño. Este patrimonio está a desaparecer, substituídas polas variedades demandadas pola industria da alimentación; polo abandono das actividades agrícolas e gandeiras; polo cambio dos usos do solo; e polas concentracións de terreos en grandes propiedades, especialmente para o cultivo da vide. Cada vez que se extingue unha variedade froiteira local pérdese unha parte da súa memoria colectiva, da súa biodiversidade, prescindindo das calidades dos seus froitos.”

As árbores esquecidas foi un proxecto de investigación realizado polo Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas entre xuño do 2011 e decembro do 2012. Financiouse gracias a unha axuda concedida no XVI premio de investigación Xesús Ferro Couselo. A investigación pretende dar a coñecer o patrimonio xenético das árbores de froita antiga da comarca do Baixo Ulla. Un patrimnio colectivo esquecido que é preciso valorizar de cara á conservación dos ecosistemas endémicos; pero que tamén é necesario integrar nos sistemas agro-económicos da comarca. Na primeira fase do traballo contactouse cunha serie de fruticultores apaixoadas que aínda custodian algunhas variedades de árbores do país. Así mesmo asisitiuse a mercados locais, mosteiros, etc.

  • O resultado foi un catálogo que te podes descargar dende este enlace.

>>Viveiros botánicos de Árbores Esquecidas.

Estamos a traballar na construción de viveiros bótanicos para a salvagarda de árbores esquecidas:

  • O primeiro deles atópase situado na parroquia de Candéan, Vigo. Trátase dunha finca onde plantamos unha serie de árbores de froita antiga para a súa salvagarda e difusión.
  • Na segunda fase de traballo, agora en curso, estase a proxectar en Valga, (Baixo Ulla, Pontevedra) un viveiro botánico para a salvagarda das variedades locais de xeito que se cree un banco de árbores onde quen o necesite poida acudir para obter as pugas para realizar os seus enxertos con variedades do país.

>>A terceira fase do proxecto supón a introdución destas especies e froitas nos mercados locais a través dunha serie de iniciativas de promoción, tanto dunha produción mais sustentable como dun aposta polos recursos locais.

2_REDE DE HORTAS URBANAS DA COMARCA DE VIGO.
O Obradoiro de Tecnoloxías Apropiadas participa da Rede de Hortas Urbanas da comarca de Vigo, que se ocupa da difusión e fomento das hortas agrícolas en torno da cidade. Ata o momento se teñen realizado catro encontros en diversas hortas da cidade.

  • O seu email de contacto é redehortasvigo@yahoo.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s