As tecnoloxía/s apropiada/s (t/a) son aquelas tecnoloxías que están deseñadas con especial atención ós aspectos medioambientais, éticos, culturais, sociais e económicos da comunidade á que se dirixen…
Atendendo a estas consideracións, as t/a normalmente demandan menos recursos, son mais fáciles de xestionar, conservar e manter, presentan un menor coste e un menor impacto sobre o medio ambiente respecto doutras tecnoloxías equiparables. Promoven a saúde, a beleza e a permanencia…
É unha tecnoloxía que a xente ordinaria pode usar para o seu propio beneficio e o da súa comunidade, que non lles fai dependentes de sistemas sobre os que non teñen control…
Saúdos, ESF. dende o Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas saudámosvos. Queremos felicitarvos polos vosos obradoiros desenrolados este ano na USC. Gustaríanos poder estar mais en contacto coas vosas actividades.
Parabéns pola iniciativa, desde ESF compartimos esa definición de Tecnoloxía Apropiada como principio de acción local e cooperación internacional, por se é do voso interese seguimos redefiníndoa en rede: http://esfgalicia.blogspot.com.es/search/label/tecnolox%C3%ADa%20apropiada