No Obradoiro de Tecnoloxías Apropiadas realizamos pérgolas, espazos de xogo, intervencións urbanas e muros vivos de contención de terra de xeito natural utilizando vimbios e outros materiais naturais.
1_Arquitectura de Vimbio Vivo
O vimbio é un material tradicional que ten sido utilizado de múltiples xeitos.
Dende o Obradoiro de Tecnoloxías Apropiadas propoñemos novas achegas contemporáneas a este material fruto das nosas colaboracións con:
2_Intervencións urbanas
No Obradoiro de Tecnoloxías Apropiadas temos sido recoñecidos pola nosa realización en:
- Premios NARTUR: Proxecto señeccionado “La senda de salgueru”, realizado no Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas no ano 2011.
- Exposición no museo Barjola de Gijón/Xixón no ano 2011: “La senda de salgueru”.
- Rotonda de entrada a Savignano (Italia)
2_Valados
Os valados deben aproveitar os recursos que xera o propio monte.
- Visitade algúns exemplos de Alberto Rabitti.
3_Espazos de xogo con materiais naturais
Espazos que buscan que os rapacxs descobran a natureza, usen materiais naturais,…
- Visitade os Espazos de xogo de A. Rabitti.
4_Pérgolas
As pérgolas tamén poden ser de materiais vivos coma vimbio, castaño,…
- As pérgolas do Ecoistituto
saúdos Jacobo:
…a verdade é que dende sempre os campesiños veñen facendo esculturas cos vimbios, uníndoos entre si de diversas maneiras. Hai moitísimos exemplos espallados por calquer campeiro con auga…
Estas propostas non fan mais que recoller esas ideas mais dende a nosa perspectiva contemporánea…
saúdos!
sorpréndeme a idea, non pode ser un elemento mais introducida na nosa cultura, e ademais, unha maneira de dar uso a unha planta que está a piques de deixar de usarse.