Home

1_HORTAS NA CIDADE DOS BARRIOS_Iniciativa para a recuperación de hortas urbanas no Val de Feáns.
O Val de Feáns foi durante moito tempo unha das principais áreas de hortas que daban servizo ós núcleos de poboación próximos á cidade de A Coruña. Nos últimos anos atopábase nun estado de progresivo abandono, producíndose un envellecemento da poboación e o aumento do número de vivendas tradicionais abandonadas nos núcleos. Este efecto reflíctíase no estado das leiras orixinariamente destinadas ó cultivo, que foron deixando de estar en uso ou se atopaban en estado de total abandono.

A cidade dos Barrios. Desescribir+MMASA+ergosfera
Ante esta situación de partida, e co obxectivo de fomenta-la ligazón e integración, tanto a nivel físico como social e de uso, entre o urbano e as preexistencias de orixe rural propúxose como estratexia a creación dunha área de hortas urbanas na zona. A actividade sería empregada como unha ferramenta de traballo para poder aborda-las múltiples facetas da situación dende diversas frontes.

Buscábase recuperar antigas hortas e terreos abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso e contribuír así á súa axeitada conservación e mantemento. Propuxemos que os propietarios de terras na actualidade sen uso as cedesen ou alugasen (finalmente os veciños optaron polo mecanismo de cesión) a persoas de calquera zona da cidade que estiveran interesadas en traballalas como hortas e cultivos. Estas pequenas parcelas permitirían o cultivo para autoconsumo así como vincular a elas actividades de lecer, culturais e educativas. Realizamos unha delimitación provisional da zona de interese ambiental e paisaxística en torno ao núcleo de Feáns. Dentro desa zona marcamos as parcelas que nunha primeira análise se atopaban en uso ou abandonadas. Era importante preserva-lo uso para as parcelas que xa o tiñan naquel intre e reactivar aquelas que estaban abandonadas.

Finalmente creouse unha Asociación de usuarios das hortas que está a xestionar o uso das mesmas de xeito autónomo.
Quixemos chama-la atención sobre a capacidade e necesidade de hibridación dos tecidos urbano e rural, co obxectivo da exploración de alternativas de futuro para as áreas rurais da cidade den Galicia, para podelas integrar con tódalas súas virtudes dende unha perspectiva da cidade e vida contemporáneas.
Este foi un obradoiro colaborativo dentro do programa de A Cidade dos barrios no que participaron arquitectos do Obradoiro de Tecnoloxías Apropiadas e da coop
erativa Hábitat Social, así como outras moitas persoas que contribuíron co seu traballo e apoio ós que dende aquí agradecemos a súa adicación.

2_A PAISAXE RURURBANA.

“A súbita evolución da paisaxe galega a partir do inicio da industrialización nos anos 50, transformou a paisaxe do entorno das cidades e vilas de Galicia dun xeito particular: cara un novo tipo de paisaxe que, sen esquecer as súas agrícolas, comezou a incorporar novos elementos que respostaban ó contexto urbano en auxe, iniciándose un intenso crecemento espontáneo que ten continuado ata hoxe. Unha rápida mirada sobre o seu estado actual destas áreas periurbanas o calificaría de desordeado e caótico: unha sorte de enorme slum, favela ou bidonville. En cambio, un enfoque sistémico, mais coidadoso e reflexivo, permitenos aprehender a súa lóxica interna, alonxada dos modelos habituais, pues trátase dun dos escasos exemplos de crecemento orgánico a gran escala nas últimas décadas no contexto europeo occidental…”

 

Este é o punto de partida do traballo de investigación que, sobre a paisaxe rururbana en Galicia están a desenvolver a equipa formada por María Ríos Carballeira de Tankollectif e Alejandro Fernández Palicio do Obradoiro de Tecnoloxías Apropiadas. Centrándose no caso da área urbana viguesa, tratan de aproximarse ó fenómeno rururbano. O seu traballo esta a desenvolverse dende fai mais de un ano.

3_BIODEPURACIÓN / FITODEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS.

A Fitodepuración ou biodepuración é un sistema de depuración das aguas residuais baseado na utilización de humedais artificiales nos que se desenrolan plantas acuáticas (hidrofitos) que contribuén activamente á eliminación dos contaminantes, principalmente a materia orgánica. Son sistemas moi baratos tanto na inversión inicial como no seu mantemento.

O Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas participou no deseño do Proxecto de Depuración de Augas Residuais do Aparcamento da Escola Técnica de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

  • Podes acceder a un esbozo do deseño de traballo neste enlace

4_REDE DE HORTAS URBANAS DA COMARCA DE VIGO.

O Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas participa da Rede de Hortas Urbanas da comarca de Vigo, que se ocupa da difusión e fomento das hortas agrícolas en torno da cidade. Ata o momento se teñen realizado catro encontros en diversas hortas da cidade.

  • O seu email de contacto é redehortasvigo@yahoo.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s