Home

Dende Tecnoloxías Apropiadas realizamos investigacións sobre temáticas emerxentes e necesarias, habitualmente adoitan ser campos pouco estudados o nos que cómpre enfocalos novamente para poder coñecer novas posibilidades de desenvolvemento destes campos. Algunhas delas son:

1_Montes Veciñais en Man Común: Tipos de Propiedade, Dereito Xermánico, Territorio.

Tecnoloxías Apropiadas forma parte do grupo coordinador de O monte é noso_Sachando procomún, no que entre outras iniciativas creou un grupo, o LAR de investigación, onde promover estudos sobre os Montes Veciñais en Man Común (MVMC), os commons / procomún, a propiedade baseada no Dereito Xermánico e as novas maneiras de xestión da propiedade. Como parte desta investigación desenvolveuse unha wiki sobre os MVMC e o procomún.

 

2_As Telleiras da ría de Arousa e do Baixo Ulla: Etnografía, Patrimonio, Antropoloxía, Microtoponimia, Historia, Economía, Paisaxe, Arqueoloxía.

Na ría de Arousa conformouse un espazo xeoestratégico no que se foi construíndo co paso do tempo, unha paisaxe de grande riqueza patrimonial en torno do traballo do barro. A súa obtención, transformación e comercio foi creando unha serie de rutas marítimas de comercio e transporte, con embarcacións, infraestruturas e establecementos de manufactura singulares. A súa orixe remóntase, polo menos ata a época romana e foi continuando baixo diversas configuracións ata a actualidade permanecendo un patrimonio industrial e comercial, arqueolóxico e etnográfico,  entre a terra e o mar.

3_As árbores esquecidas: árbores de froita antigas: Agricultura, Etnografía, Procomún.

O título do proxecto parte dun traballo do artista e guionista de cine Tonino Guerra desenvolvida na aldea de Pennabilli: L’Orto dei alberi dimenticati un pequeno xardín artístico onde Guerra recolleu unha serie de árbores frutais que dera por perdidos e que lle recordaban sabores olvidados da súa infancia.
Con este punto comezou un proxecto, primeiro en Italia e logo en Galicia, sobre a recuperación dese patrimonio do procomún: as árbores de froita antiga, variedades locais de árbores froiteiras adaptadas ó microclima e os solos da propia comarca, moi resistentes ás enfermidades e ós parasitos da súa área cunha enorme variedade de frutos, sabores e olores.

As árbores esquecidas son o resultado dunha lenta escolla xenética practicada durante centos de anos por unha anónima colectividade de persoas que durante séculos contribuiron á mellora das distintas especies; e que foron escolmando detidamente os exemplares mais fortes, mellor aclimatados e cos mellores froitos para a súa reproducción, conseguindo así as plantas mellor adaptadas ó territorio.
Un patrimonio que o podemos enraizar coa actual noción de procomún: un ben que pertence a todos e que debe ser protexido activamente e xestionado pola colectividade. Un ben creado e herdado conxuntamente que tamén debemos legar.

  • Tes información sobre este proxecto neste apartado da nosa páxina.
  • Esta investigación recibiu o premio Xesús Ferro Couselo de Investigación 2010.

4_Patrimonio industrial en Galicia: Patrimonio, Propiedade, Paisaxe.

A realización de varios traballos de investigación que tiñan como un dos seus eixos diversos elementos do patrimonio industrial, unido a unha estadía dun ano na costa sur de Finlandia onde coñecéronse varios proxectos de rehabilitación de elementos industriais en Turku e Tampere, permitiu a apertura dunha liña de investigación sobre o patrimonio industrial e a rehabilitación e o tratamento dos seus espazos.

Estas investigacións desenvolvéronse en traballos como o da conserveira Massó, As Fábricas de Cerámica do Baixo Ulla, As telleiras da Ría de Arousa ou a colaboración con Entremos na Panificadora e TANKollectif no proceso de visibilización da Panificadora viguesa.

  • Este proxecto está a desenvolverse actualmente

5_A Paisaxe Rururbana: Urbanismo, Ecoloxía.

A súbita evolución da paisaxe galega a partir do inicio da industrialización nos anos 50, transformou a paisaxe do entorno das cidades e vilas de Galicia dun xeito particular: cara un novo tipo de paisaxe que, sen esquecer as súas agrícolas, comezou a incorporar novos elementos que respostaban ó contexto urbano en auxe, iniciándose un intenso crecemento espontáneo que ten continuado ata hoxe. Unha rápida mirada sobre o seu estado actual destas áreas periurbanas o calificaría de desordeado e caótico: unha sorte de enorme slum, favela ou bidonville. En cambio, un enfoque sistémico, mais coidadoso e reflexivo, permitenos aprehender a súa lóxica interna, alonxada dos modelos habituais, pues trátase dun dos escasos exemplos de crecemento orgánico a gran escala nas últimas décadas no contexto europeo occidental…”
Este é o punto de partida do traballo de investigación que, sobre a paisaxe rururbana en Galicia están a desenvolver a equipa formada por María Ríos Carballeira de Tankollectif e Alejandro Fernández Palicio do Laboratorio de Tecnoloxías Apropiadas. Centrándose no caso da área urbana viguesa, tratan de aproximarse ó fenómeno rururbano. O seu traballo esta a desenvolverse dende fai mais de un ano.

  • Este proxecto está a desenvolverse actualmente

5_Construción con terra: Arquitectura, Etnografía, Sustentabilidade, Ecoloxía.

En Galicia existe unha falsa crenza: a construción con Terra non existe. Mais non é certo. Por toda Galicia construíuse con terra habitualmente ata hai poucos anos e, en nalgunhas comarcas, foi a construción habitual. Este foi o punto de partida desta investigación que continúa a desenvolverse na actualidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s