Home

dsc_0160

A realización de varios traballos de investigación que tiñan como un dos seus eixos diversos elementos do patrimonio industrial, unido a unha estadía dun ano na costa sur de Finlandia onde coñecimos varios proxectos de rehabilitación de elementos industriais nas cidades de Turku e Tampere, permitiu a apertura dunha liña de investigación sobre o patrimonio industrial e a rehabilitación e o tratamento dos seus espazos.

1_O Patrimonio Industrial do Concello de As Pontes de García Rodríguez.

Actualmente atopámonos na redacción do Catálogo de Patrimonio do PXOM de As Pontes, no que hai unha especial atención á Paisaxe Industrial e os Elementos industriais desta vila de forte carácter industrial. Ademais da Lagoa da antiga mina atópanse elementos como a vella Fábrica de Encaso, Pequenos muíños electricos,…

  • Podes descargar o Documento de Inicio aquí.

2_A Panificadora de Vigo.

Nunha colaboración con Entremos na Panificadora e TANKollectif realizamos unha acción consistente na realización dun Panel Informativo con formato de promoción turística e trilingüe galego, castelán e inglés no que se daba a coñecer parte da Historia e dos Valores do Conxunto da Panificadora de Vigo. A acción completouse cun roteiro guiado ó redor da Panificadora.

  • Descarga o panel da Panificadora de Vigo aquí.

3_O Conxunto da Conserveira e Baleeira de Massó en Cangas do Morrazo.

A partir dos traballos de redacción do Estudo de usos públicos e sociais para a recuperación natural e patrimonial do ámbito do Salgueirón en Cangas do Morrazo realizouse un estudo patrimonial sobre os distintos elementos que o conforman: A Conserveira, a Baleeira, A Fábrica de Salazón, A Fábrica de Redes, O Xardín, O Hotel, O Comedor, A Sala de Tomas, o Complexo da Fábrica, a Lagoa surxida da actividade extractiva…
Elaborouse unha proposta nas que se considerou o potenciamento da área a través da súa declaración como Parque Patrimonial ó conxunto natural e conserveiro de cara a súa inclusión no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

  • Podes descargar o traballo aquí.

4_As Telleiras da Ría de Arousa.

Na ría de Arousa conformouse un espazo xeoestratégico no que se foi construíndo co paso do tempo, unha paisaxe de grande riqueza patrimonial en torno do traballo do barro. A súa obtención, transformación e comercio foi creando unha serie de rutas marítimas de comercio e transporte, con embarcacións, infraestruturas e establecementos de manufactura singulares. A súa orixe remóntase, polo menos ata a época romana e foi continuando baixo diversas configuracións ata a actualidade permanecendo un patrimonio industrial e comercial, arqueolóxico e etnográfico,  entre a terra e o mar.

5_As Fábricas de Cerámica do Baixo Ulla

Traballo de investigación sobre a evolución dos lugares do traballo do barro, ladrillos e tellas dende a antigüedade ata os nosos días. dende os romanos ás telleiras protoindustriais e ás fábricas de cerámica do século XX ata a súa desaparición.

  •  Esta investigación recibiu o premio Xesús Ferro Couselo de Investigación 2011.
  • Podes descargar o traballo aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s